LAXE, RESPLANDOR DA ALBORADA

Achégate a Laxe a través de “LAXE, RESPLANDOR DA ALBORADA”. Comeza por este capítulo e entenderás mellor o territorio antes de visitalo. Pista: fíxate en resplandor.
76. Vista panorámica da vila de Laxe

Ao sur da ría na que o Anllóns entrega a colleita hídrica que foi recadando ao longo do seu camiñar por terras bergantiñáns, sitúase a vila histórica de Laxe, ao pé dunha extensa praia de fina area branca. As boas condicións naturais desta enseada contribuíron a que nela se fundase na Idade Media a localidade costeira e fose lugar atractivo para a familia nobre dos Moscoso.

Algúns autores fan referencia ás boas condicións deste porto para a actividade pesqueira e a recalada de embarcacións. O ilustrado José Cornide infórmanos de que a localidade era frecuentada por pescadores de todas partes, especialmente por cataláns que pescaban sardiña para despois exportar a outras zonas de fóra de Galicia.

A comezos do século XX chegou a haber ata cinco factorías de salgadura neste porto que empregaban fundamentalmente a mulleres. Tamén contribuíu ao desenvolvemento económico a mina de caolín situada a carón da praia. Actualmente Laxe vive fundamentalmente da pesca e do turismo.

Entre os seus persoeiros ilustres destacaron o poeta Antón Zapata García, o insigne xeólogo Isidro Parga Pondal e fundador do Laboratorio Xeolóxico de Laxe e o fotógrafo José Vidal García.

O viaxeiro que se achegue a Laxe dispón dun interesante patrimonio natural e histórico para visitar. No centro da vila, na praza de Ramón Juega, sitúase a Casa do Arco, o edificio civil máis emblemático, mandado construír por dona Urraca de Moscoso e o seu marido Pedro de Osorio a finais do século XV.

Moi próximo a esta praza localízase o Museo do Mar. O seu contido céntrase no patrimonio histórico e antropolóxico do concello e da vila de Laxe. Tamén acolle o Arquivo Fotográfico Vidal, ao que pertencen á maioría das imaxes que se expoñen.

O seguinte edificio histórico a visitar sería a igrexa de Santa María da Atalaia, situada nun lugar elevado desde o que se domina o porto, a extensa praia e parte do núcleo urbano. Trátase dun templo gótico mandado construír por Juana de Castro e Lara cara a finais do século XV. Consta dunha soa nave e unha capela maior rectangular cuberta por unha bóveda de crucería. Arrimada ao muro sur construíuse a torre campanario de forma cadrada e aspecto defensivo. Na fachada destacan un rosetón e a porta rematada en arco apuntado. No interior cabe salientar as imaxes pétreas da patroa, de Santa Inés e o relevo da Resurrección.

Desde Laxe resulta interesante achegarse á punta da Insua, onde se sitúa o faro, polo seu atractivo paisaxístico e tamén á capela de Santa Rosa desde a que contemplamos unha magnífica panorámica da vila e da súa fermosa praia.

Galería de fotos de LAXE, RESPLANDOR DA ALBORADA

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

LAGOA E PRAIA DE TRABA, NATUREZA EN ESTADO PURO

Ao longo do litoral da Costa da Morte atopámonos con espazos dunha enorme riqueza paisaxística e ambiental, verdadeiros ...

Historias e lendas mariñeiras da Costa da Morte: mitos,...

A Costa da Morte é moito máis que un destino de natureza salvaxe e praias infinitas. A súa historia está vencellada ao m...

O VÁKNER, ENIGMÁTICA BESTA DO CAMIÑO A FISTERRA

Moitos dos peregrinos ou viaxeiros que se achegaron a Galicia ao longo da historia deixáronos información da súa viaxe, ...

Costa da Morte, naturalmente única: desde hoxe, unha se...

Hai territorios que non se entenden cun “top 10”. Territorios que precisan tempo, contexto e mirada. A Costa da Morte é ...

RAZO-BALDAIO, MODELO DE DIVERSIDADE AMBIENTAL

En poucos lugares da costa galega hai unha área natural con tanta diversidade como neste espazo litoral carballés, no qu...

SOANDRES, ANTIGO MOSTEIRO NA RIBEIRA ALTA DO ANLLÓNS

Nas terras altas do Anllóns na aba norte do Coto de Pedrouzo, sitúase Soandres, unha extensa parroquia do concello da La...

BUÑO, VILA ONDE O BARRO SE TRANSFORMA EN ARTE

A vila de Buño é coñecida en toda Galicia pola súa tradición oleira. A práctica desta actividade por parte dos buñeses p...

Avistamentos de baleas na Costa da Morte: unha experien...

Hai momentos nos que a natureza nos regala espectáculos imposibles de olvidar. Un delas é recoller a unha ballena surcan...

MALPICA DOS MEUS AMORES...

O mar imprime carácter, pero se ese mar é impetuoso como o da Costa da Morte e o espazo de terra no que se vive está tod...

Vilas con encanto na Costa da Morte: rutas por Corme, C...

Se buscas vilas con encanto na Costa da Morte, atoparás moitas. Desde Caión no punto máis septentrional, ata Carnota no ...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Xornada sobre o eclips...

    A Xornada sobre o eclipse solar 2026 en Dumbría celebrarase o xoves 11...