MONTE BRANCO E BALARÉS, O GOCE DA PAISAXE

Explora Ponteceso a través de “MONTE BRANCO E BALARÉS, O GOCE DA PAISAXE”. Un capítulo para gardar: dá ideas, referencias e ganas de seguir explorando. Pista: fíxate en paisaje.
56. Monte Branco desde Cabana de Bergantiños

Monte Branco, monte Branco
cando te vexo de lonxe
verto a soas triste planto.
E. Pondal

O poeta Eduardo Pondal (1835-1917) desde a súa casa de Ponteceso, a beira do río Anllóns, contemplaba ao lonxe este monte cuberto por un manto branco de area, procedente das dunas da Barra, que os ventos do sur e suroeste esparexían polas súas ladeiras.

Ao longo do litoral da Costa da Morte temos atalaias ou miradoiros naturais que nos ofrecen extraordinarias panorámicas sobre a paisaxe costeira. Monte Branco reúne magníficas condicións para este cometido, tanto pola súa estratéxica situación como pola doada accesibilidade para achegarse ao seu cume. Monte de escasa altitude (182 m), pero con óptima localización para gozar da mellor panorámica da desembocadura do Anllóns e da ría de Corme e Laxe.

Se ollamos cara á esquerda, contemplamos os meandros que traza o río no seu derradeiro tramo, a vila de Ponteceso e o val que a rodea e a enseada da Insua. Pola banda esquerda da enseada esténdense as terras da parroquia de Cesullas, nas que destaca o núcleo de Neaño.

Se diriximos a mirada ao fronte, vemos na proximidade a lingua de area ou barra, que se formou entre o esteiro do río e as augas do mar, e máis ao lonxe, as terras da parroquia cabanesa de Canduas, que ascenden cara ao bico do monte Castelo de Lourido, vértice que destaca no horizonte. Á nosa dereita, en primeiro plano, contemplamos a praia de Balarés e o extenso piñeiral que a rodea, e ollando máis ao lonxe, as augas tranquilas da ría de Corme e Laxe.

Deixamos o monte Branco e ao chegar á cruce, collemos á esquerda en dirección á praia de Balarés. Neste lugar houbo un pequeno núcleo habitado e unha capela, a de Santa Mariña, citada por Jerónimo del Hoyo a comezos do século XVII. Logo arruinouse, e a finais do século XIX, construíuse unha nova dedicada a esa santa na vila de Ponteceso. Entre os anos 1936 e 1962 neste mesmo espazo existiu unha explotación mineira de titanio, e para dar saída ao mineral, construíuse o pequeno peirao que aínda se conserva. O resto das instalacións mineiras desapareceron, e despois de cerrada a mina, adquiriu os terreos a Deputación da Coruña e converteunos na área recreativa actual.

Galería de fotos de MONTE BRANCO E BALARÉS, O GOCE DA PAISAXE

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

As mellores rutas de senderismo en Costa da Morte

A Costa da Morte, situada no noroeste de Galicia, é famosa polos seus impresionantes paisaxes de penedos, praias virxes ...

LIRES, REMANSO DE PAZ NO CAMIÑO FISTERRA-MUXÍA

Entre o extremo sur da praia de Nemiña e a punta Mellón, ábrese paso ao océano a pequena ría de Lires, que máis que ría,...

CEE, A PRIMEIRA VILA INDUSTRIAL DA COSTA DA MORTE

A vila ceense, situada na cabeceira da ría de Corcubión, ten unha longa historia que comeza no século XII, cando o arceb...

VAL DO RÍO BEBA, INTENSO VERDOR DA PAISAXE

O val do río Beba sitúase entre os montes da Ruña e unha pequena lomba que o separa do val de Mazaricos. Representa unha...

O VÁKNER, ENIGMÁTICA BESTA DO CAMIÑO A FISTERRA

Moitos dos peregrinos ou viaxeiros que se achegaron a Galicia ao longo da historia deixáronos información da súa viaxe, ...

Eclipse 2026 na Costa da Morte

Xa saben: a eclipse total de Sol prodúcese porque a Lúa se coloca xusto diante do Sol, e tápanolo. O tamaño aparente dos...

Sabores do Atlántico: a gastronomía da Costa da Morte

A Costa da Morte é un destino que cautiva polas súas paisaxes salvaxes, os seus faros impoñentes e o seu mar bravo. Pero...

FERVENZAS DE MAZARICOS, A AUGA COMO EXPRESIÓN ARTÍSTICA

O concello de Mazaricos no pode ofrecer ao visitante unha paisaxe marítima, porque carece de litoral, pero reúne óptimas...

CORCUBIÓN, VILA E PORTO SEÑORIAL DOS ALTAMIRA

A vila de Corcubión, hoxe capital dun pequeno concello, foi a cabeza reitora dunha extensa xurisdición sobre a que exerc...

Vilas con encanto na Costa da Morte: rutas por Corme, C...

Se buscas vilas con encanto na Costa da Morte, atoparás moitas. Desde Caión no punto máis septentrional, ata Carnota no ...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Xornada sobre o eclips...

    A Xornada sobre o eclipse solar 2026 en Dumbría celebrarase o xoves 11...