LIRES, REMANSO DE PAZ NO CAMIÑO FISTERRA-MUXÍA

Percorre Cee a través de “LIRES, REMANSO DE PAZ NO CAMIÑO FISTERRA-MUXÍA”. Un relato que conecta historia e costa, tal e como se vive desde dentro. Pista: fíxate en fisterra.
155. Desembocadura do río Castro, entre a praia de Lires e Nemiña

Entre o extremo sur da praia de Nemiña e a punta Mellón, ábrese paso ao océano a pequena ría de Lires, que máis que ría, vén sendo os esteiros que forman os ríos Castro e Lires na súa desembocadura. O río Castro é a arteria fluvial máis importante da comarca de Fisterra, a antiga Nemancos. Nace na parte alta da parroquia de Castrelo (Vimianzo), e despois de pasar Berdoias, rega as terras de Muxía, Dumbría e Cee e marca os límites entre estes concellos. O seu nome procede do lugar do Castro (Coucieiro, Muxía), onde forma a fervenza das Caldeiras do Castro, un espazo natural de enorme beleza. Despois dun sorprendente xiro cara ao oeste, desemboca na ría de Lires.

O outro brazo desta pequena ría prolóngase polo esteiro do río de Lires e chega ata as proximidades da igrexa parroquial de Santo Estevo, esta freguesía rural xa existía no século XII, aínda que o templo actual data de mediados do século XVIII. Na súa lisa fachada apenas destacan elementos decorativos. Os poucos que se ven denotan o estilo barroco que imperaba no momento da súa construción. No núcleo de Lires consérvanse algunhas casas tradicionais cos seus hórreos, que se van intercalando entre as construcións modernas, xa predominantes.

Ao abeiro do monte Mellón protéxese esta parroquia ceense dos ventos do océano, convertendo a aldea e as terras que a circundan nun espazo recollido e acolledor para os cultivos e a xente que aquí habita. Tivo a localidade unha tradición labrega, na que tamén se aproveitaban os recursos do mar como complemento, ata que nos anos sesenta do pasado século, atraídos por este entorno fermoso e sosegado, chegarán os primeiros turistas que se van aloxar nalgunha das casas de labradores do lugar, convertendo a Lires na localidade pioneira do turismo rural.

O cambio de actividade da súa poboación verase favorecido polo paso do camiño de Santiago a Fisterra-Muxía como ruta xacobea. Na etapa que une estas dúas vilas costeiras, Lires representa un punto de parada obrigada por situarse na metade do traxecto. Nos últimos anos este núcleo converteuse nun referente turístico da zona. A súa pequena ría resulta un lugar moi apracible para os amantes da natureza, que teñen aquí a oportunidade de observar cantidade de aves diferentes. Desde a súa costa gozamos de excelentes vistas sobre a praia de Nemiña e a desembocadura do río Castro e tamén de fermosas postas de sol.

Galería de fotos de LIRES, REMANSO DE PAZ NO CAMIÑO FISTERRA-MUXÍA

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

Descubre os Mellores Plans para a Noite de San Xoán 202...

A Costa da Morte é un destino máxico todo o ano, pero sexamos sinceros, a noite de San Xoán é a máis máxica de todas! Du...

Que festas gastronómicas hai na Costa da Morte?

Pregúntaste que festas gastronómicas hai na Costa da Morte? Aquí traemos a selección completa! A gastronomía é un pil...

FISTERRA, A EMOCIÓN DO FINAL DO CAMIÑO

A vila de Fisterra tivo a sorte de que os seus primitivos poboadores a bautizasen cun nome tan suxestivo. A maior aspira...

GABENLLE, ESPAZO PARA GOZAR DA NATUREZA

Moi preto da vila da Laracha, seguindo a estrada que leva a Soandres e Cerceda, á beira do Anllóns, sitúase a Área Recre...

TORRES DO ALLO, UN DOS PRIMEIROS PAZOS DE GALICIA

Moi preto da vila de Baio, no km 55 da estrada C-552 da Coruña a Fisterra, sitúase o pazo das Torres do Allo, unha das m...

MONTE BRANCO E BALARÉS, O GOCE DA PAISAXE

Monte Branco, monte Brancocando te vexo de lonxeverto a soas triste planto.E. Pondal O poeta Eduardo Pondal (1835-191...

Costa da Morte, naturalmente única: desde hoxe, unha se...

Hai territorios que non se entenden cun “top 10”. Territorios que precisan tempo, contexto e mirada. A Costa da Morte é ...

CEE, A PRIMEIRA VILA INDUSTRIAL DA COSTA DA MORTE

A vila ceense, situada na cabeceira da ría de Corcubión, ten unha longa historia que comeza no século XII, cando o arceb...

VAL DO RÍO BEBA, INTENSO VERDOR DA PAISAXE

O val do río Beba sitúase entre os montes da Ruña e unha pequena lomba que o separa do val de Mazaricos. Representa unha...

CEREIXO, HISTORIA E ARTE NUN ENTORNO FANTÁSTICO

Cando visitamos unha zona ás veces non nos detemos en certos sitios porque non os consideramos de interese ou porque car...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Xornada sobre o eclips...

    A Xornada sobre o eclipse solar 2026 en Dumbría celebrarase o xoves 11...