RAZO-BALDAIO, MODELO DE DIVERSIDADE AMBIENTAL

Percorre Carballo a través de “RAZO-BALDAIO, MODELO DE DIVERSIDADE AMBIENTAL”. Unha lectura perfecta para situarte: contexto, paisaxe e claves sen recheo. Pista: fíxate en ambiental.
14. Panorámica do espazo natural de Razo Baldaio

En poucos lugares da costa galega hai unha área natural con tanta diversidade como neste espazo litoral carballés, no que podemos observar centos de especies de flora e fauna. Se queremos gozar dunha excelente panorámica de todo o conxunto, dispoñemos do miradoiro de O Castrillón, situado sobre un antigo poboado castrexo, desde o que dominaremos os diferentes ecosistemas que forman este amplo complexo natural.

A súa formación débese á existencia da denominada falla de Baldaio, un afundimento do terreo que provocou a entrada costeira. Os bloques elevados correspóndense cos rebordes que rodean a depresión e a zona afundida coa parte que anegou o mar e que deu lugar á enseada. Co paso do tempo foise enchendo de sedimentos arrastrados polas augas dos regatos que desembocan aquí. As correntes mariñas encargáronse de formar a barra areosa que pechou a saída das augas fluviais e deu orixe á lagoa. Esta seguiu a súa evolución natural de acumulación de sedimentos sobre os que medrou a vexetación, dando lugar aos prados, ao xunqueiral e á marisma, que circundan a zona hídrica, cada vez máis reducida.

No espazo natural de Razo e Baldaio diferéncianse varios hábitats ou biotopos: praia, dunas, xunqueiral, marisma e lagoa, cada un deles coa súa fauna e flora específicas. De todos eles, a extensa praia é a que está sometida a maiores cambios de forma pola acción continua das mareas. Unha praia aberta con máis de 3 km de lonxitude e un mar con abundante ondada para desfrute dos numerosos surfeiros que a miúdo acoden a este areal. Paralelas á praia sitúanse as dunas, que se van sucedendo no seu estado de fixación desde as primarias, as máis inestables, ata as terciarias, xa fixadas pola vexetación que medra sobre elas.

O xunqueiral sitúase ao oeste da lagoa e ten un perímetro triangular. Antano formou parte dela, pero foise desecando pola acumulación de sedimentos e acabou colonizado pola vexetación. Na parte sur da zona hídrica sitúase a marisma, constituída pola acumulación de lama e bancos de area, atravesada por unha rede de canles polas que circula a auga das mareas e dos regatos que desaugan na zona.

A parte máis oriental da depresión está ocupada pola lagoa. A masa de auga varía segundo o estado das mareas. Nela viven diversos tipos de peixes, moluscos e crustáceos. O seu estado de conservación viuse alterado pola intervención humana. Nos anos setenta do pasado século chegou a trazarse unha pista que a dividiu en dúas partes. Como case todas as lagoas, esta tamén conserva a súa lenda que fala da cidade anegada de Galilea, na que os seus habitantes desapareceron baixo as augas por negarse a darlle pousada ao Noso Señor cando visitou este lugar, acompañado de San Miro e Santa Mariña, dúas divindades locais.

Tanto a lagoa como a marisma son moi ricas en nutrientes, dos que se aproveita a fauna que vive nesta área. Entre este espazo e as zonas adxacentes chegaron a rexistrarse máis de 240 especies diferentes de aves, por iso Baldaio constitúe un dos puntos máis idóneos para a observación ornitolóxica.

Galería de fotos de RAZO-BALDAIO, MODELO DE DIVERSIDADE AMBIENTAL

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

Observación de aves en Costa da Morte

A observación de aves é moito máis que un pasatempo; é unha ferramenta poderosa para conectar as persoas coa natureza e ...

FERVENZA DO ÉZARO, ESPLENDOROSO ESPECTÁCULO NATURAL

O río Xallas, que leva o nome da comarca que atravesa, ten as súas primeiras fontes na ladeira occidental do monte Caste...

CARNOTA, MOITA VIDA A CARÓN DO MAR

Desde a punta de Caldebarcos, ao norte, ata a punta dos Remedios, ao sur, fórmase un gran arco areento costeiro, como co...

GABENLLE, ESPAZO PARA GOZAR DA NATUREZA

Moi preto da vila da Laracha, seguindo a estrada que leva a Soandres e Cerceda, á beira do Anllóns, sitúase a Área Recre...

Onde atopar grafitis, murais e arte da rúa na Costa da ...

Pregúntaste onde atopar grafitis, murais e arte urbano en xeral na Costa da Morte? Pois estás de sorte, porque practicam...

CAIÓN, VILA ENRIBA DO MAR

Calquera viaxeiro que desexe coñecer a vila de Caión,, primeiro tería que observar a súa situación de lonxe, desde un do...

A FÉRVEDA DE ENTRECRUCES, SINFONÍA PARA OS SENTIDOS

A natureza agasallou a San Paio de Entrecruces unha obra tan extraordinaria capaz de conmover a cada un dos visitantes q...

Festas tradicionais na Costa da Morte: historia, cultur...

Se hai algo que define a Costa da Morte, ademais das súas paisaxes salvaxes e o seu mar indomable, é a súa forte identid...

DERRUBANDO MUROS CON PINTURA, PROXECTO PARA CURAR FERID...

A vila de Carballo formouse na banda dereita do Anllóns na primeira metade do século XVIII tralo redescubrimento das aug...

Consellos fotográficos para captar aves na Costa da Mor...

Hoxe imos parar a darche consellos fotográficos para captar aves na Costa da Morte. E é que a Costa da Morte é un paraís...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Xornada sobre o eclips...

    A Xornada sobre o eclipse solar 2026 en Dumbría celebrarase o xoves 11...