TORRES DO ALLO, UN DOS PRIMEIROS PAZOS DE GALICIA

Achégate a Zas a través de “TORRES DO ALLO, UN DOS PRIMEIROS PAZOS DE GALICIA”. Comeza por este capítulo e entenderás mellor o territorio antes de visitalo. Pista: fíxate en galicia.
100. As torres do Allo un dos pazos mais antigos de Galicia 1.jpg

Moi preto da vila de Baio, no km 55 da estrada C-552 da Coruña a Fisterra, sitúase o pazo das Torres do Allo, unha das máis significativas construcións deste tipo de vivenda de Galicia. Ao longo da historia esta casa do Allo sufriu poucas modificacións porque se mantivo sempre en mans da mesma familia, os Rioboo, oriúnda da torre da Penela.

Ata a investigación levada cabo polo historiador José A. Sánchez García, críase que toda a construción era da mesma época, pero a raíz desa nova información sóubose que a torre norte edificouse entre os anos 1490 e 1512, a iniciativa de Alfonso Gómez de Rioboo Villardefrancos, mentres que a torre sur e o corpo central levantaríanse entre 1669 e 1685 por decisión de Gómez de Rioboo e Seixas e a súa dona Jacinta de Luces Caamaño, que decidiron conservar as formas do estilo gótico tardío da torre primitiva.

As torres son case simétricas. Na parte baixa ábrese unha porta con arco de medio punto con grandes doelas, propio da arquitectura do século XVI. O segundo andar é o que mostra unha maior riqueza decorativa nos elementos da fachada: fiestra con arcos xeminados, portaventá, con varanda na torre norte e balcón, na sur. Todo o conxunto enmarcado por un arco mixtilíneo. No terceiro andar simplemente se abre unha fiestra.

Nos escudos aparecen os símbolos das familias que emparentaron cos Rioboo e habitaron esta casa fidalga. A torre envolta en silvas, dos Rioboo; o piñeiro e as lanzas, dos Caamaño; as cinco pombas, correspondentes aos Seixas; os dous lagartos baixo unha lousa, dos Losada; e as cinco follas de figueira, que identifican aos Figueroa.

O corpo central componse de dúas alturas e tellado a dúas augas, no que destaca unha robusta cheminea. Na planta baixa ábrense tres portas e na planta superior móstranse seis fiestras rectangulares con mainel. Na cornixa resaltan as figuras das gárgolas.

Na primeira metade do século XX deixaron de habitar o pazo os propietarios e fixérono os apoderados, e xa na segunda metade, quedou deshabitado. A Deputación da Coruña, consciente do valor histórico e arquitectónico do edificio, chegou a un acordo coa familia López-Rioboo e adquiriuno en 1998. Dous anos despois comezaron as obras de rehabilitación e abriuse ao público en 2005, xestionado polo Concello de Zas. No interior móstrase como era a vida rural na época dos pazos, a liñaxe da familia Rioboo e información sobre outros pazos da Costa da Morte. Acolle tamén actividades culturais.

A uns 200 m do pazo sitúase a igrexa parroquial de San Pedro do Allo, que actuou como capela particular dos Rioboo, na que se soterraron varios dos seus membros. Conserva unha interesante fachada-retablo renacentista.

Galería de fotos de TORRES DO ALLO, UN DOS PRIMEIROS PAZOS DE GALICIA

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

GABENLLE, ESPAZO PARA GOZAR DA NATUREZA

Moi preto da vila da Laracha, seguindo a estrada que leva a Soandres e Cerceda, á beira do Anllóns, sitúase a Área Recre...

Semana Santa 2026 na Costa da Morte: qué facer en cada ...

A Semana Santa 2026 na Costa da Morte é unha das mellores épocas do ano para descubrir este recuncho atlántico de Galici...

Costa da Morte, naturalmente única: desde hoxe, unha se...

Hai territorios que non se entenden cun “top 10”. Territorios que precisan tempo, contexto e mirada. A Costa da Morte é ...

CEE, A PRIMEIRA VILA INDUSTRIAL DA COSTA DA MORTE

A vila ceense, situada na cabeceira da ría de Corcubión, ten unha longa historia que comeza no século XII, cando o arceb...

CASTELO DE VIMIANZO, SÍMBOLO DO DOMINIO DOS MOSCOSO NA ...

Son poucas as fortalezas medievais que lograron manterse en pé en Galicia. No territorio da Costa da Morte hai algunhas ...

CAMARIÑAS, ONDE O MAR SE VOLVE ENCAIXE

Camariñas é desas vilas que ten un selo de identificación moi definido, pois simplemente con pronunciar o nome desta loc...

Descubre os Mellores Plans para a Noite de San Xoán 202...

A Costa da Morte é un destino máxico todo o ano, pero sexamos sinceros, a noite de San Xoán é a máis máxica de todas! Du...

MALPICA DOS MEUS AMORES...

O mar imprime carácter, pero se ese mar é impetuoso como o da Costa da Morte e o espazo de terra no que se vive está tod...

MUXÍA, A BARCA QUE NAVEGA RUMBO NORTE

O poeta Gonzalo López Abente (1878-1963) consideraba a súa Muxía natal como estática, “deitada” na ribeira, silenciosa e...

Historias y leyendas marineras de la Costa da Morte: mi...

La Costa da Morte es mucho más que un destino de naturaleza salvaje y playas infinitas. Su historia está vinculada al ma...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Foro da Avaliación Int...

    O Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte c...