CORISTANCO, TERRA DA PATACA

Entende Coristanco a través de “CORISTANCO, TERRA DA PATACA”. Unha lectura perfecta para situarte: contexto, paisaxe e claves sen recheo. Pista: fíxate en coristanco.
31. A Festa da Pataca de Coristanco comezou a celebrarse no ano

Cando pronunciamos o nome de Coristanco, asociado a el de inmediato vénnos á memoria a verba “pataca”, ese tubérculo comestible, que desde hai máis de corenta anos tomou relevancia neste municipio polo seu cultivo, pero sobre todo pola festa gastronómica que se celebra arredor del.

O cultivo da pataca en Galicia comezou a estenderse a principios do século XVIII, polas terras pobres da zona cantábrica, meseta de Lugo e montaña de Pontevedra e Ourense, en terras de centeo ou gañadas ao monte. Tardará tempo en ocupar vales cultivados a millo ou a trigo. Cando este tubérculo se consolidou como un ingrediente indispensable na cociña pasará a ocupar as mellores terras, como sucedeu no concello de Coristanco.

Axiña se descubriu que as agras deste municipio presentaban unhas excelentes condicións para o seu cultivo, que cada vez acadaba unha maior demanda en feiras e mercados da zona. Deste xeito, a pataca deixa de ser un produto só de consumo familiar e pasa a converterse nun recurso económico para moitas das familias do concello. Para aumentar a produtividade e a calidade deste cultivo houbo antes que experimentar moitas variedades ata seleccionar as dúas clases que mellor se adaptaron a estas terras: a autóctona “fina” e a americana “kennebec”.

A finais dos anos setenta do pasado século crearase a Cooperativa da Pataca de Bergantiños (Copaber), coa intención de agrupar aos produtores deste produto de cara á súa comercialización. Esta entidade e a corporación municipal coristanquesa daquel momento serán as impulsoras da primeira edición da Festa da Pataca no ano 1981, unha das primeiras celebracións gastronómicas de Galicia, que co paso do tempo se convertería no principal símbolo de identidade deste concello bergantiñán.

Unha festa que se celebra a terceira fin de semana de setembro, despois da recolleita deste froito e que foi evolucionando co decorrer do tempo, pero mantendo a esencia coa que naceu, baseada sobre todo na exaltación da pataca e das actividades agrícolas e tradicións relacionadas co seu cultivo.

O domingo sempre foi o día principal de celebración desta popular festa. Pola mañá, concentración de tractores engalanados con figuras elaboradas con patacas e posterior desfile polas rúas ata a praza onde se conmemora o evento; a continuación lectura do pregón e entrega de premios; e despois, degustación de pratos nos que a pataca é o ingrediente esencial. A tarde ocúpase con xogos infantís, concursos como o baile da pataca, a apaña da pataca, o trueiro da pataca ou a tira da corda, e remata a xornada con algún espectáculo de entretemento ou actuación musical.

Nos últimos anos ampliáronse os días de celebración, comezando as actividades o sábado, e incluso, o venres. Días nos que se organizan charlas informativas sobre este cultivo e actividades culturais, lúdicas e musicais. No ano 2022 déronse dous acontecementos importantes de cara ao fortalecemento desta celebración: a declaración de interese turístico desta festa e a inauguración do Museo da Pataca.

Galería de fotos de CORISTANCO, TERRA DA PATACA

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

CABO TOURIÑÁN, ÚLTIMO SOLPOR DE EUROPA

Polos anos vinte do pasado século o poeta muxián Gonzalo López Abente xa consideraba o cabo Touriñán coma a punta máis o...

PENEDOS DE PASARELA E TRABA, MUSEO NATURAL SEN TEITO

Para comprender a importancia e o valor dos Penedos de Pasarela e Traba necesitamos coñecer como se formou este conxunto...

Eclipse 2026 na Costa da Morte

Xa saben: a eclipse total de Sol prodúcese porque a Lúa se coloca xusto diante do Sol, e tápanolo. O tamaño aparente dos...

CEE, A PRIMEIRA VILA INDUSTRIAL DA COSTA DA MORTE

A vila ceense, situada na cabeceira da ría de Corcubión, ten unha longa historia que comeza no século XII, cando o arceb...

FISTERRA, A EMOCIÓN DO FINAL DO CAMIÑO

A vila de Fisterra tivo a sorte de que os seus primitivos poboadores a bautizasen cun nome tan suxestivo. A maior aspira...

A FÉRVEDA DE ENTRECRUCES, SINFONÍA PARA OS SENTIDOS

A natureza agasallou a San Paio de Entrecruces unha obra tan extraordinaria capaz de conmover a cada un dos visitantes q...

VAL DO RÍO BEBA, INTENSO VERDOR DA PAISAXE

O val do río Beba sitúase entre os montes da Ruña e unha pequena lomba que o separa do val de Mazaricos. Representa unha...

A Costa da Morte presenta a súa nova campaña: unha apos...

Esta campaña parte dunha idea clara: a Costa da Morte non é un decorado nin un produto construído artificialmente para o...

O VÁKNER, ENIGMÁTICA BESTA DO CAMIÑO A FISTERRA

Moitos dos peregrinos ou viaxeiros que se achegaron a Galicia ao longo da historia deixáronos información da súa viaxe, ...

Descubre os Mellores Plans para a Noite de San Xoán 202...

A Costa da Morte é un destino máxico todo o ano, pero sexamos sinceros, a noite de San Xoán é a máis máxica de todas! Du...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Foro da Avaliación Int...

    O Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte c...